Estatutos

Estatutos

Os estatutos de NCG BANCO, S.A. -entidade resultante da segregación da totalidade dos activos, pasivos, dereitos, obrigas e expectativas que integraban o patrimonio de Caixa de Aforros de Galicia, Vigo, Ourense e Pontevedra afecto á súa actividade financeira- recóllense na escritura de constitución de NCG BANCO, S.A., outorgada o día 14 de Setembro de 2011, ante o Notario D. José Amigo Vázquez baixo o número 1.600 de protocolo, e inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña ao Tomo 3.426, Folio 1, Folla C-47.803, inscrición 1ª. Os Estatutos foron posteriormente modificados en virtude de, entre outras, a escritura de protocolización de acordos sociais de NCG Banco, S.A., adoptados polo Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria, en exercicio das facultades administrativas que lle concede a Lei 9/2012, do 14 de novembro, de reestruturación e resolución de entidades de crédito, outorgada o 27 de decembro de 2012 e inscrita no Rexistro Mercantil, na que quedou fixado o capital social actual.

En virtude da escritura de elevación a público das decisións adoptadas pola Comisión Reitora do Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria, na súa condición de Accionista Único de NCG BANCO, S.A., en exercicio das competencias da Xunta Xeral, o 20 de maio de 2013, modificáronse os artigos 5 e 8 e o apartado 1 do artigo 19 dos Estatutos. A devandita escritura, outorgada ante o Notario D. Andrés Antonio Sexto Presas, o 28 de maio de 2013, foi inscrita no Rexistro Mercantil da Coruña, o 30 de maio de 2013, causando a inscrición 47ª.

Estatutos.(PDF en castelán)