Uso de cookies

Nesta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obter datos estatísticos da navegación dos usuarios, o que nos permite mellorar a información e a publicidade que che mostramos e adaptala ós teus hábitos de navegación. Se continúas navegando, entenderemos que aceptas o seu uso. Se queres, podes cambiar a configuración das cookies ou ampliar esta información.

Inicio // Informacion institucional // Oficina de comunicación // Notas de prensa NCG Banco, primeiro banco en escriturarse en galego

Notas de prensa

15   de   setembro   de   2011

NCG Banco, primeiro banco en escriturarse en galego

NCG Banco, primeiro banco en escriturarse en galego

  • Novacaixagalicia xa fora a primeira caixa en galeguizar a súa constitución
  • Toda a documentación legal está escriturada tamén en castelán

15.09.2011. NCG Banco S.A. é o primeiro banco que emprega o galego para outorgar a súa escritura fundacional na centenaria historia financeira da Comunidade. Antes, no mes de novembro do pasado ano, Novacaixagalicia fora xa a primeira caixa de aforros en presentar a documentación legal en idioma galego.

Directivos do banco presentaron onte dúas escrituras asinadas perante notario, unha de segregación dos activos e outra de modificación dos estatutos da caixa, no Rexistro Mercantil da Coruña, un fito histórico que permitiu o nacemento legal, a tódolos efectos, da nova entidade.

A escritura pública foi o último banzo dun longo e intenso percorrido que se iniciou, a efectos legais e corporativos, o día 14 de xuño do pasado ano 2010, coa aprobación nos consellos de administración das dúas caixas galegas, Caixa Galicia e Caixanova, do documento inicial do proxecto de integración.

NCG Banco, do mesmo xeito que Novacaixagalicia, dispón tamén de escrituras e datos do rexistro en castelán para que poidan ser consultados por calquera interesado que prefira ou precise para calquera trámite a documentación no idioma español.

Novacaixagalicia, do mesmo xeito que NCG Banco, ten a disposición de todos os seus clientes e usuarios toda a súa información corporativa en galego así como a información de contas e negocio para os clientes que así o desexen.

Tras a fusión, e despois do decreto para o reforzamento do sistema financeiro do Estado (o Real Decreto-lei 2/2011) que sinalou o futuro das entidades bancarias españolas, o pasado 24 de febreiro iniciouse un novo tramo do proceso cando o consello de administración de Novacaixagalicia acordou iniciar os trámites para a creación dun banco propio para dar resposta ao texto lexislativo aprobado nese mes polo Goberno central. NCG Banco SA ten a súa sede en Galicia, do mesmo xeito que a súa matriz, Novacaixagalicia, con sede social e fiscal na Coruña e sede institucional en Vigo, e sete dos nove membros do consello de administración constituído inicialmente, incluído o presidente executivo, son galegos.

Até o 30 de setembro, momento no que se produza a ampliación de capital para dar entrada a investidores externos estables tal como establece o Decreto Lei de recapitalización de entidades financeiras españolas, Novacaixagalicia será titular do 100% do capital do banco. O 30 de setembro o FROB tense comprometido, de xeito temporal, a subscribir a totalidade da ampliación de capital.

Compartir