Uso de cookies

Nesta web utilizamos cookies, tanto propias como de empresas colaboradoras, para obter datos estatísticos da navegación dos usuarios, o que nos permite mellorar a información e a publicidade que che mostramos e adaptala ós teus hábitos de navegación. Se continúas navegando, entenderemos que aceptas o seu uso. Se queres, podes cambiar a configuración das cookies ou ampliar esta información.

Inicio // Informacion institucional // Oficina de comunicación // Notas de prensa Novacaixagalicia alcanza un patrimonio de 4.150 millóns, tras a subscrición de...

Notas de prensa

11   de   outubro   de   2011

Novacaixagalicia alcanza un patrimonio de 4.150 millóns, tras a subscrición de capital do FROB

Novacaixagalicia alcanza un patrimonio de 4.150 millóns, tras a subscrición de capital do FROB

  • O capital principal de NCG Banco sitúase no 10,45% dos activos.
  • Tres profesionais con experiencia no sector representan ao FROB en NCG.

 

10.10.2011 NCG Banco dispón dende hoxe dun patrimonio neto de 4.150 millóns de euros, tras a ampliación de capital de 2.465 millóns desembolsada esta mañá polo Fondo de Reestruturación Ordenada Bancaria (FROB). Os novos fondos súmanse aos 1.714 millóns de patrimonio neto achegado por Novacaixagalicia. O capital principal de NCG Banco ascende a 5.275 millóns de euros, un 10,45% de capital sobre os activos ponderados por risco (APR), cun coeficiente de solvencia (cociente BIS) do 15,67%.

A ampliación de capital foi escriturada, xunto coa opción de compra librada polo FROB en favor de Novacaixagalicia e que permitirá á entidade, tanto aumentar a participación da caixa no banco, como recomprar accións do FROB a través de investidores privados estratéxicos durante o prazo dun ano.

En representación do 93% das accións que dende esta mañá posúe o FROB en NCG Banco, o fondo estatal designou coma os seus representantes a José Borrué, José Antonio Portugal e Joaquín Saurina. Os representantes do FROB incorporaranse oficialmente ao banco no consello de administración que se celebrará a vindeira semana.

Tras a ampliación, o consello de administración de NCG Banco queda integrado por doce membros: José María Castellano como presidente executivo; César González-Bueno como conselleiro delegado, Jaime Trebolle, Roberto Tojeiro, Carlos González, José Manuel Gabeiras, Xabier Alcorta como conselleiros independentes; Mauro Varela e Julio Fernández Gayoso como conselleiros dominicais; e Joaquín Saurina, José Antonio Portugal e José Borrue, en representación del FROB.

NCG Banco dispón dun activo de 75.773 millóns de euros, o que lle sitúa entre as dez maiores entidades financeiras españolas e a máis importante das catro que teñen sede social en Galicia. NCG Banco púxose como obxectivo a xeración de valor en Galicia, a potenciación económica do seu territorio e o seu reposicionamento no mapa financeiro español, que está en fase de transformación, como un dos xogadores destacados no sector.

Representantes do FROB en NCG Banco:

José Antonio Portugal Alonso (Huesca, 1956). Economista, ex directivo do Banco de Vizcaya e do BBV e Banesto, entidade da que procede. Ata outubro de 2010 era subdirector xeral de Banesto encargado do negocio de empresas no norte de España.

José Borrue Asensio (Valle de Trápaga, 1948). Foi responsable de Planificación e Control do Banco de Vizcaya, directivo do BBV e, posteriormente, do BBVA, onde foi director xeral adxunto e responsable das áreas de Seguros, Medios de Pago, Fondos de Inversión e de Pensións.

Joaquín Saurina Maspoch (Girona, 1969). Especialista en finanzas, auditoría e control de riscos, foi director de KPMG Servizos Financeiros en Cataluña, director de control de Caixa Girona e director financeiro e de riscos de Bankpime.

Compartir